Sobre nosotros

ASOCIACIÓN CANINA DO GROVE

Asunto: Resolución de inscrición da constitución.
Con data 25 de febreiro de 2022 recibiuse solicitude de inscrición da constitución da Asociación no Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra, formulada por Luis Javier Fernández Aguín no nome e representación da ASOCIACIÓN CANINA DO GROVE, con domicilio en Rúa Castelao, nº148, 1ºC 36980 Grove, O (Pontevedra), e tendo en conta os seguintes

FEITOS:
Único. Coa solicitude de inscrición presenta acta de constitución do 10 de febreiro de 2022 xunto cos correspondentes estatutos, nos cales constan os fins da Asociación e o ámbito territorial de actuación correspondente ao Concello de O Grove.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS
Primeiro. O artigo 22 da Constitución española recoñece o dereito de asociación, a Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, recoñece e regula o dereito de asociación e o Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións, establece os requisitos substantivos e de carácter formal que deben cumprir este tipo de entidades para seren inscritas.
Segundo. O Decreto 336/1996, do 13 de setembro, sobre asunción de funcións e servizos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións e espectáculos públicos, respectivamente, polos reais decretos 1639/1996 e 1640/1996, ámbolos dous do 5 de xullo, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais; e o Decreto 276/1997, do 25 de setembro, polo que se crea o Rexistro Central de Asociacións e se regula a organización e o funcionamento dos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, determinan a competencia rexistral desta Administración en materia de asociacións.

Terceiro. En aplicación desta normativa, unha vez examinada a documentación incorporada ao expediente, considérase que cumpre os requisitos establecidos para a súa inscrición no Rexistro Provincial de Asociacións de Pontevedra.
Cuarto. Esta Xefatura Territorial é competente para resolver este procedemento, en virtude do Decreto 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.


Vistos os preceptos legais citados e demais normas de xeral aplicación,

RESOLVO:
Inscribir a constitución da ASOCIACIÓN CANINA DO GROVE no Rexistro Provincial de Asociacións e depositar no rexistro a documentación preceptiva para os efectos de publicidade previstos no artigo 22 da Constitución. Esta inscrición non exonera as persoas interesadas do cumprimento da normativa vixente reguladora das actividades necesarias para o desenvolvemento dos fins estatutarios.
Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, no prazo dun mes, de acordo co disposto na Lei 39/2015 de 1 de outubro do procedemento
administrativo común das administracións públicas.

DILIXENCIA:
Para facer constar que á Asociación ASOCIACIÓN CANINA DO GROVE, constituída ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e inscrita neste Rexistro Provincial de Pontevedra de Asociacións por resolución do 21-03-2022, correspóndelle o número 2022/24982-1.


En Pontevedra, na data da sinatura dixital