Fíns da Asociación Canina do Grove 🗒️
Art 2. Personalidade e capacidade
A asociación constituída ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, podendo realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da finalidade para a que foi creada, con suxeición ao establecido no ordenamento xurídico.
Artigo 4. Ámbito de actuación
O ámbito territorial no que a asociación vai a desenvolver principalmente as súas actividades é: O Grove (Pontevedra).
Artigo 6. Fins
1.- Son fins principais da asociación:
Fomentar unha correcta e respectuosa convivencia cívica de tódalas persoas propietarias de cans en base o disposto nas ordenanzas, leis e estatutos que regulan a protección e benestar dos animais.
Servir de canle para a participación dos propietarios e propietarias dos cans, agrupacións destes, asociacións e calquera outro grupo que poida considerarse de interese, na consecución efectiva dos fins que persegue esta Asociación, así como para dar traslado dos problemas, necesidades e propostas recibidas ou impulsadas por esta Asociación as administracións competentes.
Fomentar o respecto para os cans e promover condutas sociais positivas para os mesmos, contribuíndo así o recoñecemento da súa achega a sociedade como animais de compañía ou/e traballo.
Esixir as administracións a mellora dos servizos públicos destinados aos propietarios/as dos cans, tales como: zonas de esparexemento, uso do transporte público urbano, maior acceso aos areais do Grove, campañas de prevención e educación…
Servir de instrumento ante a administración para establecer novas leis, regulamentos ou ordenanzas, a mellora das vixentes, así como o cumprimento das mesmas.
Requirir a colaboración dos medios de comunicación e difusión para incrementar os espazos que fomenten o respecto e o valor dos cans, así como a súa achega a sociedade.
Denunciar actuacións que vulneren os dereitos dos propietarios/as dos cans ou constitúan unha infracción das leis de protección animal.
Ser un órgano de consulta cando o requiran, tanto a administración como institucións públicas ou privadas, e particulares en tódolos asuntos relacionados coa protección e defensa dos animais.
Colaborar, cando se requira, en todas aquelas actividades informativas, recreativas, educativas e formativas que se programen en materias relacionadas cos obxectivos da Asociación.
Colaborar con outras asociacións, federacións e ONGs con obxectivos similares.
Coordinar, xestionar e representar os intereses dos membros que a integran en relación cos propósitos da Asociación.
Fomentar a Responsabilidade Civil da cidadanía e a Responsabilidade Social Empresarial, que nos leve a ser unha referencia a nivel nacional como pobo responsable no respecto e coidado dos cans, así como na convivencia nos espazos públicos do mesmo.
Traballar estreitamente con voluntarios para conseguir os fins da Asociación, considerando aos voluntarios como parte fundamental do bo funcionamento da Asociación e para a realización dos seus proxectos.
Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:
Actividades informativas, formativas, culturais, recreativas, de lecer e tempo libre, de difusión, de concienciación, de sensibilización e educación medioambiental, xornadas, obradoiros, reunións, conferencias, charlas, publicacións, presentación de propostas as distintas administracións, utilización de redes sociais e calquera outra encamiñada a cumprir os obxectivos da Asociación.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre as persoas asociadas nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
DAS PERSOAS ASOCIADAS
Artigo 7. Requisitos
Para adquirir a condición de persoa asociada requírese .
Ser persoa física ou xurídica e ter interese no desenvolvemento dos fins da asociación.
As persoas físicas deben ser maiores de idade ou menores emancipadas con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito. 3. As persoas menores de máis de 14 anos non emancipadas necesitan o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.
As persoas xurídicas de natureza asociativa requirirán o acordo expreso do seu órgano competente, e as de natureza institucional, o acordo do seu órgano reitor.